Eventos

Desde a súa inauguración, esta asociación destacou polo elevado número de actividades culturais, artísticas e recreativas organizadas nos seus locais, como exposicións de pintura de artistas galegos, conferencias de escritores e poetas galegos, exposicións de libros de temática galega, etc.

Organizamos ademais as tradicionais festas galegas, como o Carnaval, a Festa de San Xoan, Nadal, Reis, etc. Tamén desenvolvemos cursos de gaita e baile galego, para o que se alugou durante o ano 2004 unha sala insonorizada e unha sala de ximnasia respectivamente, co obxectivo de impartir os cursos nas mellores condicións posible.

Teatro, baile e gaita

Nos primeiros anos tamén houbo un grupo de teatro, que interpretou numerosas pezas do repertorio dramático galego. Doutra banda, xa en 1974 existía unha agrupación folclórica composta por 12 nenos e 15 adultos entre os que se atopaban 3 gaiteros e 4 percusionistas. Este grupo realizou numerosas actuacións noutras entidades galegas en Suiza, destacando as de 1987 en Lausanne, en 1988 en Basilea, en 1989 en Zurich, etc. con motivo do Día de Galicia.

Actividades deportivas

Outra das actividades a destacar da nosa entidade é a práctica do fútbol. Así, en setembro de 1975 decidimos fundar unha sección para a práctica deste deporte, acadando en 1985 o ascenso á terceira liga do Cantón de Xenebra, e chegando a disputar a primeira eliminatoria da Copa Suiza.