Segundo recollen os seus Estatutos, os fundadores consideran a súa creación como parte integrante da loita pola afirmación da lingua, da arte e da cultura galega, sendo os seus obxectivos:
- Axuda e apoio moral aos galegos de Xenebra na resolución de problemas derivados da súa situación de emigrantes.
- Desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e recreativas.
- E colaboración con outras entidades da emigración galega.