Esta entidade foi fundada o día 10 de outubro de 1973 por un grupo de galegos emigrados en Xenebra, que decidiron formar unha asociación cultural, social, recreativa e deportiva.

A galleguidade foilles recoñecida o 28 de xullo de 1988, e conta na actualidade con 316 socios, dos cales 302 son galegos.

Abriu as súas portas no número 17 da rúa Grenade, cambiándose posteriormente a outro local de case 200 metros cadrados sito na Route de Saint Julien, en Carouge, que dispoñía de bar, salón de actos e biblioteca con máis de mil volumes. Na actualidade a entidade dispón dun local en aluguer na Rue de Chantepoulet, con salón de actos, cociña, oficina e biblioteca. O local está situado no sótano dun edificio.

Desde a aprobación da Lei 3/2003 do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, este centro está considerado como axente de cooperación para o desenvolvemento, e como tal pode acceder ás axudas ou subvencións públicas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para este tipo de proxectos.